Fuente: Google maps
El Concello de Ferrol aprueba inicialmente el Plan especial de protección y rehabilitación del barrio de Ferrol Vello, y lo expone al público durante un mes, desde el 30 de julio de 2014, en el Servicio de Urbanismo del Concello.
Lo primero…y como siempre os comentamos en estas exposiciones públicas… recordad que en FÓRUM URBANÍSTICO redactamos alegaciones argumentadas con un doble enfoque, jurídico y técnico.
El ANUNCIO de información pública se publica en el DOG Núm. 142 de Martes, 29 de julio de 2014:
“O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 16 de maio de 2014, adoptou o seguinte acordo:
«1) Acordar a aprobación inicial do Plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello, expediente de iniciativa municipal redactado pola entidade Oficina de Planeamento, S.A., en virtude da asistencia técnica contratada polo Concello.
2) O acordo de aprobación determinará a suspensión do outorgamento de licenzas no conxunto do ámbito do plan especial, conforme o establecido no artigo 77.2 da Louga, agás naqueles ámbitos onde simultaneamente se cumpran as condicións do planeamento vixente e as do plan aprobado inicialmente. No ámbito da declaración de conxunto histórico, a concesión de licenzas estará, asemade, limitada polos requirimentos e prescricións da autorización do artigo 47.1 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.
A suspensión de licenzas terá unha duración máxima de dous anos, contado desde a dita aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.
3) Someter o expediente ao trámite de información pública durante un mes, de acordo co disposto no artigo 86.1 da Louga, mediante anuncio que se publicará no DOG e en dous dos xornais de maior circulación da provincia, solicitar os informes sectoriais e facer as notificacións regulamentarias».
De conformidade co exposto, sométese o expediente a información pública durante o prazo dun mes contado a partir da data de publicación do presente anuncio do DOG.
Para estes efectos, terase á disposición do público un exemplar do expediente no Servizo de Urbanismo deste concello, na rúa María, nº 54, 5º andar, en horario de atención ao público, das 9.00 ás 14.00 horas, e poderán achegar as alegacións correspondentes no Rexistro Auxiliar de Urbanismo, sito no 3º andar, ou a través dos medios previstos para tales efectos na Lei 30/1992, do 26 de novembro.”